miércoles, 29 de febrero de 2012
domingo, 19 de febrero de 2012
Bocadillo de tortilla en pan torrado fregado con allo, tomate e aceite
Ingredientes
Pan ( ó máis
integral posible) -1 ovo en tortilla
francesa -1 tomate maduro cortado polo medio -1 dente de allo cortado pola
metade -Aceite de oliva virxe -Sal
Elaboración
Facemos unha
tortilla francesa co ovo.
Se non temos tempo
pola mañá, a noite anterior facémola e deixámola fora do frigo.
Pola mañá, torramos
levemente o pan.
Fregamos o allo
contra a superficie torrada do pan. A continuación, fregamos co tomate a mesma
superficie. Logo, impregnamos o pan con aceite de oliva virxe. Que quede ben
impregnado de tomate e aceite. Pómoslle unhas areíñas de sal. Enriba pomos a
tortilla, pechamos e envolvemos.
Pódese
mellorarse facendo a tortilla con
leituga, espárragos, cabaciño ou calquera outra hortaliza.
jueves, 16 de febrero de 2012
Entroido 2012: Coplas
ENTROIDO 2012
“OBRADOIRO DE COPLAS”
CEIP ATÍN-CELA
EDLG. Aula de Música
Acheigaivos aquí todos
se queredes escoitare
imos xulgar a este Meco
podedes participare.
Na cariña un sorriso
o seu corpo traxeado
parecendo inocente
cometeu grandes enganos.
Mirlitón
Meco ti tes toda a culpa
desa rede tan baixiña
cada chute ao balón
vai á eira da veciña.
Mequiño, Mequiño, Meco
tiráchenos os balóns
vaillos pedir ó veciño
vai pensar que son melóns.
Mirlitón
Temos o patio desfeito
moitas caídas levamos,
este preocupante feito
non o damos mellorado.
En todo terceiro ciclo
seguimos querendo espellos
non é tanto pedire
veñen ou *pra os nosos netos!
Mirlitón
Nas aulas de 5º e 6º
queremos un bo canón
que ocupe toda a parede
Non é moita petición!
Queremos máis diversión,
algo máis de excursións
xa é moito tempo na escola
sen ter ningunha ilusión!
Mirlitón
Pola túa culpa Meco
fóronse as coidadoras,
xa as botamos de menos
estas tamén sonche boas.
En Herville queremos,
un bo autobús novo
este cacharro que temos
estropéasenos todo.
Mirlitón
Xa nos fixeron a estrada
unha parada queremos,
coas chuvias e o frío
non sei como acabaremos!
Ao chegar os autobuses
os mestres aí vixiando
que tempos bos aqueles
que os pasabamos xogando.
Mirlitón
Na aula vella de ciencias
que xa vai ela esquecida
agorá é o momento
de darlle ao experimento.
Sácanos 4º da ESO
posnos máis bacharelato
quitas a cidadanía...
E se incluímos o teatro?
Mirlitón
Que pouca plástica temos!
Máis música queremos!
E así poder bailar a gusto
Ai se eu che pego!
Mirlitón
POR TODO CANTO DIXEMOS
E O QUE QUEDA POR DICIRE
IMOS Á QUEIMA CONTIGO
MECO QUE TANTO FERICHES.
POR TODO CANTO DIXEMOS
E O QUE QUEDA POR DICIRE
IMOS Á QUEIMA CONTIGO
MECO QUE TANTO FERICHES
Mirlitón
O Meco 2012
OLA RAPACES,
O MECO EU SON,
O MECO DE ATÍN
O MECO RUÍN.
O MEU NOME É TEMIDO
TODOS OS MALES TEN
CRISE MEU APELIDO
E NOME TAMÉN.
UNHAS ORDES VOUVOS DAR
E SEGUILAS DEBEDES
E NON ME CABREEDES
QUE VOS PODO ZOUPAR.
O LUNS LUNEIRO
CABEZA TAPADA
UN PANO OU SOMBREIRO
NA TESTA TESTADA.
E XA PARA O MARTES
DEIXAREIVOS MANDATO
SEGUILO DEBEDES
ATA COMPLETALO RECADO.
XA ESTÁ AÍ O MARTES
TEÑO MANDATO OUTRA VEZ
TOD@S HABEDES DE TRAER
A ROUPA DO REVÉS
CREMALLEIRAS NAS COSTAS
ETIQUETAS HANSE VER
PRECISAREDES MOITA AXUDA
PARA A ROUPA POÑER
O ENTROIDO É RIRSE
DOS DEMAIS E DUN TAMÉN
NON VOS ENFADEN AS BROMAS
FÓRA VERGOÑA CON DESDÉN!!!
O MÉRCORES XA VEREMOS
O QUE NOS IMOS POÑER
DEIXARÉIVOLO ESCRIBIDO
DÚBIDA NON HA DE HABER.
O MÉRCORES CHEGA
O MANDATO TAMÉN
E BONITOS COLARES
MAÑÁ IMOS VER
O MÉRCORES CHEGA
O MANDATO TAMÉN
E BONITOS COLARES
MAÑÁ IMOS VER.
NO PESCOZO TRAEREDES
PENDURADOS COLARES,
PANOS DE CORES
OU TAMÉN DE LUNARES.
OS MÁIS ATREVIDOS
COLARES DE PERLAS,
MEDALLÓNS, CRUCIFIXOS
OU CALQUERA CADEA.
TAMÉN VALEN BUFANDAS
DE BRILLANTES CORES,
FOULARES DE PLUMAS,
COLGANTES DE FLORES.
O XOVES MANDÓN,
CON AIRE GRILEIRO
QUERE QUE VEÑADES
COMA COCIÑEIROS.
O MÁIS IMPORTANTE
DESTA PROFESIÓN
E LEVAR PENDURADO
UN BO MANDILÓN.
ASÍ QUE XA SABEDES
O QUE ESTE MECO DI
ESTE XOVES SEN FALTA
UN BONITO MANDIL.
PODE SER COMPLETO,
PODE SER DE FALDRA
PODE SER NEGRO
OU DE COR LARANXA.
O VENRES CHEGOU,
O VOSO DISFRACE TRAEREDES
COCIÑEIROS, PILOTOS
DE TODO VEREDES.
ESTE MECO REMATA
DE DAR OS SEUS MANDATOS
QUE ÓS MEUS OÍDOS CHEGARON
RUMORES ESTRANOS.
DIN QUE SON CULPABLE
DE NON SEI CÁNTOS MALES
QUE UN FINAL ME AGARDA
COIDO POUCO AGRADABLE.
XA CHEIRA A QUEIMADO
SINTO A CALOR NAS COSTAS
XA VEXO O LUME
QUEIMÁNDOME AS BOTAS
viernes, 10 de febrero de 2012
Bocadillo de xoubas ou sardiñas en aceite de oliva con leituga e pementos
Ingredientes
Pan ( o máis integral posible) - Xoubas en aceite escorridas - 3 folla de leituga lavada e ben seca finamente cortada - 3 tiras de pementos vermellos asado ou cocido e cortados en tiras, poden ser feitos na casa ou de lata. - Aceite de oliva ou o aceite da lata - Vinagre ou limón - Sal
Elaboración
Untamos o pan aberto cun pouco de aceite da conserva.
Picamos moi fina a leituga.
Cortamos os pementos en tiras
Temperamos leituga con aceite, un pouquiño de vinagre ou limón e unha area de sal.
Pomos a leituga sobre o pan e as xoubas sobre o anterior.Colocamos as tiras de pementos entre as xoubas.
Pechamos e comemos.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)









