A horta da escola


Dentro do proxecto da horta, e como remate do mesmo, este ano puxemos a andar o muíño do cole. Para iso, debullamos nas aulas o millo necesario e fomos ao muíño, onde vimos os diferentes tipos de millo, moemos o que levamos e ao final, cantamos e bailamos unha canción: "Era unha noite de chuvia e de frío, a que pasei no muíño do río...". Como remate, fixemos unha plantación de millo para o ano que ven, a ver se en setembro temos millo da nosa horta para recoller, debullar e moer,... E, quen sabe se poderemos facer pan coa fariña?



Ola, olaaaaaaa!!! 
Fermosa planta, 
fermosa flor
que xira e xira
buscando o sol

sabedes que é?... Tivemos esta adiviña, miramos unhas fotos, e descubrimos unha planta moi, pero que moi curiosa, resulta que é moi grande, con pétalos de cor amarela, e sempre está mirando cara o sol, de feito, vai xirando para telo sempre ó fronte.O seu nome?, pois claro!!! XIRASOL!!!













Ola blogueiros!! Lembrades que hai uns meses contámosvos que sementamos perexil na escola???  Adicámonos durante todo este tempo a regalo diariamente, colocámolo estratéxicamente nunha aula da escola na que tivera luz do sol durante moitas, moitísimas horas, falámoslle, dámoslle coidados, mimos e cariño, e..... a que non imaxinades que pasou......??? Sííííííííi!!!!!! Xusto iso que estades a pensar!!!Medrou, e non sabedes canto! Aquí vos deixamos unhas fotos do noso  perexil. Saudiños!!





Aquí estou unha vez máis!! Xa me botabades en falta eh?.... é que con tantos días de choiva non tiven tempo para darvos novas, pero agora que por fin volveu o sol quero contarvos algunhas cousas. Mirade, pouco a pouco vou cambiando de cor, invadíndome de verde, polo cal estes días de auga viñéronme moi ben, pero non só por iso, tamén é importante o coidado que os nen@s me dan, as atencións e o cariño que me amosan!!As leitugas xa me van moi boas!! As cenorias van asomando a rama, as fresas xa teñen flores, as plantas aromáticas teñen medrado moito, e os repolos, as cebolas, as tomateiras e pementeiras medran sen parar!! Isto é unha marabilla!! Todo vai “vento en popa”, tanto así, que  @s nen@s xa empezaron  a levar leitugas para casa, para compartir e degustalas coas súas familias!! Mirade,  mirade, aí vos quedan unhas fotos do bonitiña que estou e dos momentos da colleita! Un bico verde rapaces!!





E, sen pensalo máis, coa axuda inestimable do Sr. Paulino, decidímonos á prantación dunhas fresas e leitugas. O Sr. Paulino, avó dunha nena de cinco anos, que traballou durante toda a súa vida en invernadoiros, fixonos unha explicación na clase, co apoio dun vídeo de cómo se preparaba unha pequena horta.
Logo, armámonos de sachos, angazos, esterco, mineral e as prantas e... AO ATAQUE!!!
Sachamos a terra, botámoslle todo o que o Sr. Paulino nos dicía, e explicábanos para qué servía, e o resultado: O QUE VEDES...








Xa miramos un vídeo que nos explicaba a maneira de plantar diversas sementes, e como somos tan atrevid@s, fixemos un semilleiro. Collemos uns cartóns de leite cortámolos ao longo, decorámolos con gomets e debuxos, botámoslle sustrato (que xa aprendemos que é distinto que a terra), semente de perexil, sustrato outra vez, un pouquiño de auga, e agora como dicía o video: sol e moito amor...




OLA!!!!
Son a horta de Atín, e logo de moito pensar, pensar e pensar (e ata pensar outra vez), atopáronme un oco á beira da entrada do cole. A mín o sitio gústame bastante, xa que teño luz, sol, boas vistas e, ademais, algo imprescindible: AUGA . Teño a sorte de ter auga do lugar de Sequeiros.
O caso é que cos meus amig@s de catro e cinco anos, tod@s el@s uns estupendos Agricultores, imos cultivar unhas riquísimas hortalizas que logo comeremos. E coma non sólo de leitugas e verzas vive o home ( e a muller), imos cultivar fresas e plantas aromáticas para repartires entre @s nosos amig@s.
O primeiro, como non, foi decorar a parede do cole onde me vou colocar, debuxamos unha paisaxe con flores, herba, un valado, a fonte de Sequeiros e ata un caracol e unha abella con xeito de bolboreta, e é que @s artistas deste cole sonche así!!!
Tamén fixemos un carreiro de pedras para ires regar. COMO PESABAN AS PEDRAS!!!! TIVEMOS QUE COLLELAS DE DOUS EN DOUS, E ALGUNHA FIXEMOS FALLA TRES!!!
XA VOS IREI CONTANDO!!!

5 comentarios:

  1. QUE TRABALLO MÁIS CHULO. AÍNDA QUE ÁS VECES O TEMPO DESFAI AS HORTAS E LOGO HABER COMO LLO EXPLICADES ÓS NEN@S. UN SAÚDO

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. En primeiro lugar, agradecer a participación neste blogue. Agardamos sexa unha ferramenta máis que facilite a comunicación entre tod@s @s membros da comunidade educativa do noso cole.
      Agardamos que o proxecto da horta se estenda o máis posible no tempo, pero de calquer xeito, pensamos que o pouco que se poida facer de traballo pagará a pena. Polo visto ate o de agora, @s nen@s o están desfrutando, ...e nos tamén.
      Unha aperta.

      Eliminar
  2. saludos,
    creo que é unha iniciativa moi boa, un sobresainte para o profe que o propuso, xa que os nenos non só se forman dentro das aulas e isto os motiva o mesmo tempo que aprenden a ser mais respetuosos co medio natural.

    ResponderEliminar
  3. Gracias pola participación e o comentario. O sobresaínte é para @s pais/nais que están a colaborar no proxecto, cumprindo con todo o que lles solicitamos, enviando material dabondo para ver, falar e enterarnos de todo o referente as hortas. De feito, estámonos a converter en auténticos especialistas.
    Temos que agradecer, dun xeito moi especial, ao Sr Paulino, avó dunha nena de cinco anos que nos acompañou toda unha mañá explicandonos , primeiro dun xeito teórico, e logo na práctica todo o referente ao cultivo da horta.

    ResponderEliminar
  4. Quería felicitarvos polo traballo da horta, espero que sigades con ela moito tempo. Boa iniciativa. Os nenos falan moito da súa horta e o que fan nela.

    ResponderEliminar