domingo, 19 de febrero de 2012

Bocadillo de tortilla en pan torrado fregado con allo, tomate e aceite




Ingredientes
Pan ( ó máis integral posible)  -1 ovo en tortilla francesa -1 tomate maduro cortado polo medio -1 dente de allo cortado pola metade -Aceite de oliva virxe  -Sal
Elaboración
Facemos unha tortilla francesa co ovo.
Se non temos tempo pola mañá, a noite anterior facémola e deixámola fora do frigo.
Pola mañá, torramos levemente o pan.
Fregamos o allo contra a superficie torrada do pan. A continuación, fregamos co tomate a mesma superficie. Logo, impregnamos o pan con aceite de oliva virxe. Que quede ben impregnado de tomate e aceite. Pómoslle unhas areíñas de sal. Enriba pomos a tortilla, pechamos e envolvemos.
Pódese mellorarse  facendo a tortilla con leituga, espárragos, cabaciño ou calquera outra hortaliza.



No hay comentarios:

Publicar un comentario