viernes, 10 de febrero de 2012

Bocadillo de xoubas ou sardiñas en aceite de oliva con leituga e pementos





Ingredientes
 Pan ( o máis integral posible)  - Xoubas en aceite escorridas   - 3 folla de leituga lavada e ben seca finamente cortada  - 3 tiras de  pementos vermellos asado ou cocido e cortados en tiras, poden ser feitos na casa ou de lata. - Aceite de oliva ou o aceite da lata - Vinagre ou limón - Sal

Elaboración

Untamos o pan aberto cun pouco de aceite da conserva.
Picamos moi fina a leituga.
Cortamos os pementos en tiras
Temperamos  leituga con aceite, un pouquiño de vinagre ou limón e unha area de sal.
Pomos a leituga sobre o pan e as xoubas sobre o anterior.Colocamos as tiras de pementos entre as xoubas.
Pechamos e comemos. 
























No hay comentarios:

Publicar un comentario