sábado, 21 de abril de 2012

Bocadillo de lombo en pan con rodelas de tomate, leituga e pementos morróns







Ingredientes:
>Pan (da mellor calidade posible) >Un ou dous filetes de lombo de porco fresco > 3 rodelas de tomate finas e escorridas de auga > Leituga picada e temperada con aceite e vinagre >Tiras de pemento morrón de lata o asado na casa >Allo fileteado >Sal >Pementa >Aceite de oliva

Preparación:
É moi importante a calidade do pan, o pan excesivamente branco non é sa.  Este pan de boa calidade abrímolo ao medio e tirámoslle un pouco o miolo.
Ao tomate cortámoslle tres rodelas e deixámolas perder auga. Picamos a leituga lavada e ben seca e temperamos lixeiramente con aceite, vinagre e sal. Preparamos o pemento morrón. Reservamos todo.
Salpementamos o lombo. Nunha tixola pomos un pouquiño de aceite a quecer. Fritimos o lombo. A medio estar, botamos na tixola dous dentes de allo fileteado. Este allo fritirase mentres se acaba de facer o lombo. Sobre o pan aberto untamos un pouquiño de aceite do utilizado na fritura. Agora pomos una boa cama de leituga temperada. Sobre esta o tomate e  lombo  e por riba as láminas de allo frito. Agora tócalle ao pemento. Pechamos e a comer

No hay comentarios:

Publicar un comentario