lunes, 29 de octubre de 2012

Plan de consumo de froitas nas escolas





Estimados todos:
 
O pasado venres acabamos a primeira semana de reparto de froita. Do 22 ó 26 de outubro  distribuímos mazás, mandarinas, ameixas, peras e laranxas. 
A froita sobrante continuarase repartindo ata que se acabe.
En novembro, do 12 ó 16, volveremos con máis froita.
Un saúdo.

viernes, 19 de octubre de 2012

Visita ó Museo ANFACO da "Industria Conserveira"



Unidades didácticas 


Cuando fui a Anfaco descubrí   como envasaban las sardinas ,los atunes y todas las demás conservas . Lo que me gustó  más  fue la máquina de oler: olí  el atún , los mejillones , las sardinas  y muchas cosas más.  También había fotos  de como hacían las conservas antes ; era muy duro y las que trabajaban allí en la antigüedad andaban descalzas.  Yo creo que mi abuela trabajó en eso y mi bisabuela no lo se. Y al final nos dieron salchichas de atún  a  todos los alumnos :3º, 4º , 5º y 6º.
Jose Bernardino Carrera González

El jueves  18 de octubre de 2012 fuimos 2º y 3er  ciclo de excursión a  Anfaco que significa Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos. El Museo tenía cosas muy interesantes aunque era muy pequeño. Te recorrías todo en un pispás. Allí nos enseñaron como se hacían y como eran las latas en otros tiempos. También vimos los dibujos que les ponían a las latas. Mi  tutor nos dijo que a una lata le pusieran una foto de la marca Miau con tres  gatos alrededor de una lata; pero que tuvieron que quitar a los tres gatos porque  la gente pensaba que era comida para gatos.
Cuando ya nos íbamos nos  dieron  unas salchichas de atún. ¡No me gustaron!, además,  estaban pasadas de fecha de consumo preferente.
Bueno olvidemos eso, en fin, en el Museo de Anfaco  aprendimos muchas cosas.
Andrea Cancelas Serra


La visita a Anfaco me gustó mucho. Aprendí como nacieron las  conservas,  que  tipos     había antiguamente, quien las inventó...  En la exposición, nos enseñaron maquinas que servían para guardar los alimentos en latas.  También pude oler aromas de peces diferentes  y ver muchas portadas de latas, entre ellas, el dibujo de Nicolas Appert  y de sardinas Miau, una empresa que tuvo que cambiar su dibujo por que la gente la confundía por comida de gatos.  Nos enseñaron un retrato de cómo trabajaban las mujeres antiguamente en las fábricas.  Todos estaban muy serios. Había  una concha gigante que se utiliza para guardar conservas.
En una pared aparecían portadas de la revista Industria Conservera. La revista tenía muchas portadas;  algunas tenían el nombre del autor y otras celebraban algo (Los 100 años de Anfaco). Al final de la excursión nos dieron unas salchichas de atún de recuerdo de la visita, que por cierto estaban muy pasadas. Y así fue la excursión.
Adrián Cruz Seijo

La visita a Anfaco fue muy interesante. Aprendí cosas que no sabía. Yo pensé que íbamos a ver como se hacía una conserva porque yo creía que se trataba de eso pero no, sólo era un Museo. Miramos una concha gigante que se utilizaba para llevar las conservas a vender. Tuvimos que buscar cosas por el museo, un atún, una concha gigante y un dibujo de una ballena . Nos contaron que la mayoría de la gente que trabajaba en las conserveras  eran mujeres y todas estaban serias y descalzas.  En el museo había muchas fotos y nos contaron  que había una marca de gatos que se llamaba miau y aparecían tres gatitos y la gente pensaba que era comida de gatos. Nos dieron salchichas “pasadas de fecha”como dicen ellos.
Rebeca Alonso Rey

El día18 fuimos a Anfaco que está en Vigo.
Era un museo donde había maquinas antiguas e imágenes, fue muy divertido   porque tuvimos que buscar lo que nos decían por el museo. Nos contaron muchas cosas de las conservas y como cambiaba su forma al pasar los años. Al pasar los años las cosas mejoraban, y hay un montón de conservas, que en años pasados no existían. Fuimos con 2º y 3º ciclo y lo pasamos genial.  Nos dieron de  regalo unas salchichas y vimos una almeja gigante que la usaban  para ir a las ferias a vender las conservas.  También nos dijeron  que  parte de los que trabajaban en las conservas eran mujeres.
 Eloy Vila Barciela

Salimos del colegio a las diez de la mañana.  A la visita fuimos los cursos de 3º,4º,5º y 6º. La visita a Anfaco fue muy interesante. Yo creía que íbamos a mirar como se hacen las conservas pero fuimos a un museo llamado Anfaco .El museo estaba en Vigo, al lado de la universidad.  En Anfaco había un despacho de Nicolás Appert .  En el museo había fotos de cómo se hacían las conservas, en esas fotos había mujeres descalzas. Nos contaron que la mayoría de mujeres eran las que hacían las conservas.
Naiara Giráldez Domínguez

El Museo Anfaco nos muestra latas de conservas de mejillón, sardinas, de atún. Hace mucho tiempo se construían conservas de latas diferentes. Además la asociación Anfaco  Cecopesca nació en Vigo hace más de 100 años, para defender  los intereses de las conserveras. Las máquinas eran muy antiguas, fuimos  los de 2º y 3º ciclo y lo pasamos muy bien.
Mounsif Moukhllissi

martes, 9 de octubre de 2012

OBRAS NA BIBLIOTECA

Ola a tod@s:

Na biblioteca do cole estamos en obras. Este ano pensamos darlle un cambio á organización da biblio, tanto a mobles coma a libros. Coma podedes imaxinar agora mesmo aínda estamos co proceso de clasificación, o cal nos vai levar un certo tempo.Coma o noso interese é que a Biblioteca sexa usada, coa colaboración de todos os titores e especialistas do centro, seguimos tentando que o préstamo non pare, e se podemos, que se incremente.

Tamén, contarvos que puxemos en marcha un Punto Lector ubicado ao carón da Secretaria, onde podedes atopar libros e revistas para Pais/Nais que podedes usar para pasar un ratiño. A intención, coma vos contabamos na circular enviada, é que tamén os Pais/nais dos nosos alumnos poidades, se queredes, ter un carnet da Biblioteca do cole para que poidades acceder ao préstamo, tanto de libros de axuda coma libros de narrativa. Contamos coas vosas recomendacións, que dentro das nosas  posibilidades económicas e do posible interese xeral nos permita incrementar os fondos aos que poderedes optar.

Para iso, en principio, o día destinado ao préstamo para vós será os Martes de 17:00 a 18:00


lunes, 8 de octubre de 2012

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Pois sí, este ano tedes un montón de actividades onde escoller, podedes ser deportistas de elite, grandes cociñeiros e ata aprender moito Inglés. Deixámosvos os horarios das diferentes actividades organizadas pola ANPA.

LUNS:                   16:30 - 18:00  COCIÑA       
_______________________________________________________________________________________
MARTES: 
18:00 - 19:00  BALONMÁN

16:30 - 18:00  TAE  KWON DO
 










_____________________________________________________________________________________

MÉRCORES:

16:30 - 17:15  PISCINA




_______________________________________

XOVES:
 16:30 - 17:30 BALONCESTO




  16:30 - 17:30  INGLÉS
  17:30 - 18:30  INGLÉS

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
                           

domingo, 7 de octubre de 2012

UN NOVO CURSO.




Xa comezou o novo curso e  logo duns días de adaptación para todos,  o cole empeza a retomar o ritmo habitual.

Tamén, informarvos que xa están en marcha as actividades que organiza a ANPA e, que coma sempre, son moi interesantes, consultade e  ...
participade nelas!!!

SUBIDE QUE PARTIMOS!!!


jueves, 28 de junio de 2012

MUIÑADA EN ATÍN


O último día de curso veu ó cole "Xan o Muiñeiro". Tiña un certo parecido a algún dos profes do cole, co cal garda algún parentesco. Contounos algunhas historias súas e do millo, así como a importancia dos muíños na vida da xente hai uns anos.
Puxo a andar o muíño e moeu o millo que traían os nenos e nenas das diferentes aulas. Aí quedan unhas fotos da  "MUIÑADA  DE ATÍN 2012".

viernes, 15 de junio de 2012

Bocadillo de polo con salsa de iogur e tomate asado




-Unhas febras finas de polo pasadas pola sartén  - Unha cullerada sopeira de iogur -Aceite de oliva
–Sal -Un cogombro en vinagre picado ou unhas olivas  picadiñas  -Dúas ou tres rodelas de tomate -Medio dente de allo laminado

Mesturamos o iogur escorrido co cogombro ou olivas picadas, engadimos unhas gotas de aceite e un punto de sal e úntase a metade inferior do pan cons esta salsa.
Pasamos as febras  de polo salpementado pola sartén e na mesma asamos as rodelas de tomate por ambas caras co allo laminado. Sobre o pan coa salsa colocamos as febras e enriba o tomate. Pechamos e damos grazas a quen o cociñou.

miércoles, 6 de junio de 2012

O PIRATA E A FADA. Videoconto dos nenos de 5 anos.



Este videoconto foi elaborado polos nenos de Infantil de 5 anos, dentro das actividades do Taller de Audición e Linguaxe. Eles escolleron as personaxes, as situacións, o argumento, fixeron os debuxos, e, finalmente cada un puxo a súa voz as distintas esceas. Agardamos que vos guste. 

Se queres escoitalo, preme enriba da foto.

viernes, 1 de junio de 2012

Bocadillo de touciño entrefebrado con ovo, queixo e cebola salteada.




2 rebandas delgadiñas de touciño entrefebrado (panceta non afumada)
1 ovo cocido cortado transversalmente
½ cebola ben pasada pola tixola; ben refogadas pero que non colla cor.
2 rebandas finas do queixo que máis che guste: tetilla, holandés, manchego tenro, Edam,

Sobre ou pan colocamos ou queixo e sobre este a touciño entrefebrado ben fritido.
Enriba del vai a cebola ben escorrida de aceite.

Pechamos e comemos.

Saída a Pontevedra (3º, 4º, 5º e 6º)


viernes, 25 de mayo de 2012

Bocadillo de xamón de Iork e atún con maionesa e mostaza

>Pan integral >Maionesa >Mostaza >Xamón York cortado en tiras finas  >Atún en aceite



 Escorremos o atún e mesturámolo con certa cantidade de maionesa ata formar unha pasta homoxénea. Untamos o pan con esta pasta. Pomos enriba tiras de xamón de York. E acabamos dándolle uns toques de mostaza se nos gusta.

martes, 22 de mayo de 2012

Ola!! O día 11 de Maio os nenos e nenas de Educación Infantil, de 4 e 5 anos, fomos ó teatro a Vigo. Contáronnos a historia de “Bobo”, un pingüín, que coa chegada do seu irmán pequeno  á familia, síntese moi só, deixado de lado  polos seus país e moi triste;  e nós pensamos, ¿Quen non se sentiu así algunha vez?  Bobo, decide marchar porque pensa que el xa non é importante,  pero….. tardará moi pouco tempo en darse conta do divertido que é ter un irmán pequeno,  do moito que  o queren  seus país e do importante que somos cada un de nós na nosa familia!!!
Pasámolo pipa!! Aquí vos deixamos unhas fotos da actividade!!


miércoles, 16 de mayo de 2012

Festival Letras Galegas 2012 (Fotos)

Xa temos moreira!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

 


Ola, moreira!!!!


 Froito da moreira; a mora


Os vermes...!!!!

CONTACONTOS DE KALANDRAKA NO COLE DE ATÍN - CELA

Hola blogueir@s!!
Aquí estamos de novo con algunhas divertidas experiencias! O venres día 11 de Maio recibimos unha visita moi especial; Dous artistas agasalláronnos cuns bonitos contos, e non só nos contaron unhas historias, se non que ademais, coa maxia das cores, foron debuxando o que ía acontecendo!! A vida dos Chivos chivóns , as ganas de vir ó mundo de Artur, e as aventuras de Garavanciño!!
 Foi moi divertido.
Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade!!!!! Ata a próxima!


viernes, 11 de mayo de 2012

Bocadillo de queixo cremoso con noces e lámina de marmelo


 > Pan (o máis integral posible) > Queixo (galego) cremoso > Un par de noces partidas > Unha lámina de marmelo > Aceite de oliva

Abrimos o pan ao medio e regámolo cun chorriño de aceite. Agora é o momento de colocar o marmelo o queixo e, por riba, as noces escachadas.
Al ataque! De nada.

viernes, 4 de mayo de 2012

Bocadillo de queixo, olivas e leituga en pan con tomate e aceite



> Pan > Queixo > Leituga ben lavada e seca, picada e temperada
> Unhas olivas recheas > Un tomate de rama maduro) >Aceite de oliva

Abrimos o pan ao medio e fregámolo co tomate. Regámolo cun chorriño de aceite. Unhas das metades do pan cubrímola de leituga temperada. Sobre a leituga pomos o queixo e finalmente colocamos as olivas. Pechamos e, no seu momento, damos cabo del.

jueves, 3 de mayo de 2012

Visita a Coregal (2º, 3º e 4º)

Bocadillo de tortilla de cabaciño en pan con allo, tomate e aceite


Ingredientes:
> Pan (da mellor calidade posible) levemente torrado > Un ou dous ovos -segundo o tamaño do bocadillo- batidos a punto de tortilla > 1/2 cabaciño (calabacín) mediano, sen pelar e desprovisto da parte interior esponxosa, picado en medias rodela finas > Leituga picada e temperada con aceite e vinagre > Un tomate de rama maduro (tomate para salsa) > Un dente de allo partido polo medio >Sal >Aceite de oliva
Preparación:
Cortamos o cabaciño en medias rodelas e salteámolo na tixola ata que quede ben dourado e feitiño. Temos os ovos batidos, engadímoslle o cabaciño e facemos unha tortilla. Reservámola.
Torrámolo pan levemente, fregámolo con dente de allo e co tomate partido e untámolo con aceite de oliva. Sobre o pan pomos a leituga temperada e a tortilla. Pechamos e a papar!

Minergal en Faro de Vigo (6º)



martes, 24 de abril de 2012

Día Internacional do Libro

O luns 23 de Abril, co gallo do Día Internacional do Libro, na biblioteca do cole aconteceu algo extraordinario. Varias personaxes de contos cobraron vida e contáronlle aos nenos diversas historias. Foi precisa unha maxia, un bebedizo e algo máis para que os protagonistas voltasen ao seu mundo.
Un pirata, un lobo e Grisela atopáronse sen saber cómo na biblioteca do cole cun monte de nenos e nenas cos que pasaron un rato divertido, voltando ao seu conto gracias a pócema que apareceu gardada no bolso da ratiña.
Os nen@s de  segundo, atoparon a outro pirata que lles contou o conto da "Camiseta do Capitán", e tamén ao cal axudaron a voltar ao seu mundo.
Os de terceiro ían buscar un libro de préstamo, e alí asistiron a unha sesión de contacontos coa historia do "Rei Lacazán", que foi o Rei ao que lle contaron o conto máis longo do mundo.
Velaí algunhas fotos da sesión cos nen@s de 4 e cinco anos .

sábado, 21 de abril de 2012

Bocadillo de lombo en pan con rodelas de tomate, leituga e pementos morróns







Ingredientes:
>Pan (da mellor calidade posible) >Un ou dous filetes de lombo de porco fresco > 3 rodelas de tomate finas e escorridas de auga > Leituga picada e temperada con aceite e vinagre >Tiras de pemento morrón de lata o asado na casa >Allo fileteado >Sal >Pementa >Aceite de oliva

Preparación:
É moi importante a calidade do pan, o pan excesivamente branco non é sa.  Este pan de boa calidade abrímolo ao medio e tirámoslle un pouco o miolo.
Ao tomate cortámoslle tres rodelas e deixámolas perder auga. Picamos a leituga lavada e ben seca e temperamos lixeiramente con aceite, vinagre e sal. Preparamos o pemento morrón. Reservamos todo.
Salpementamos o lombo. Nunha tixola pomos un pouquiño de aceite a quecer. Fritimos o lombo. A medio estar, botamos na tixola dous dentes de allo fileteado. Este allo fritirase mentres se acaba de facer o lombo. Sobre o pan aberto untamos un pouquiño de aceite do utilizado na fritura. Agora pomos una boa cama de leituga temperada. Sobre esta o tomate e  lombo  e por riba as láminas de allo frito. Agora tócalle ao pemento. Pechamos e a comer

martes, 27 de marzo de 2012

Museo do Mar. Alcabre (3º, 4º, 5º e 6º)

21 de marzo. Quedamos na Rede






Actividade moi interesante e esto é só o principio!

 Os alumnos e alumnas de 4º  de Primaria do CEIP de Atín-Cela quedamos na rede cos compañeiros do mesmo curso do CEIP Valverde Mayo de Sanguiñeda.

Presentámonos, falamos do que nos gusta, coñecémonos a través da webcam, e prometemos ter outras xuntanzas na rede e na propia escola.

Outros cursos estanse animando...e seguramente seguiremos tecendo máis redes.

E sabedes que é o mellor? Que todos e todas o facemos en galego!

lunes, 26 de marzo de 2012

Bocadillo de xamón en pan con tomate e aceite de oliva virxe extra




Ingredientes:
>Pan (da mellor calidade posible) >Xamón cortado ben fino >Tomate para salsa ben maduro >Un pouquiño de sal  >Aceite de oliva virxen extra 

 

Preparación:
O pan abrímolo ao medio. O tomate debe estar maduro e ser dos de facer salsa e non ensalada. Fregar o interior do pan co el; dende o borde do pan  ao interior. Outra maneira  é triturar o tomate co Minipimer e untar coa pasta o pan. Agora botámoslle (Se o necesitamos, mirade que o xamón xa ten sal!) unhas areíñas de sal gorda.
 A continuación ven o aceite de oliva virxe extra. Porémoslle un chorriño xeneroso en cada metade do pan. Repartirase mellor se fregamos as superficies unha contra a outra para igualar o unte.  É o momento de pór o xamón na cantidade que consideremos razoable. Agora péchase e cómese. Bo proveito.

 

viernes, 16 de marzo de 2012

Bocadillo de mexillóns escabechados en pan con aceite e leituga




Ingredientes:
>Pan (da mellor calidade posible) >Abundante leituga enrolada e finamente picada e levemente temperada >Mexillóns escabechados ou cociñados de calquera outro modo >Sal >Aceite de oliva








Preparación:
>O interior do pan úntase lixeiramente con aceite. >Pícase a leituga (lavada e seca) e tempérase. >Esténdese unha boa capa de leituga sobre o pan. >Mentres, escórrense os mexillóns para que non teñan moito mollo do escabeche. >Xa escorridos, vanse pondo coidadosamente sobre a leituga. >Péchase o bocadillo.
Este bocadillo tamén se pode facer con mexillóns escabechados na casa ou simplemente cocidos.


viernes, 9 de marzo de 2012

Bocadillo de peituga de polo con cebola dourada, queixo e leituga



Ingredientes:

>  Pan (da mellor calidade posible) >Abundante leituga enrolada e finamente picada. Levemente temperada.        
>  1/2  peituga de polo pasada pola prancha, cortada ás tiras e salpementada  >  ½ cebola cortada ben fina e  pasada pola tixola con pouco de aceite ata que quede ben tenra. (Moi escorrida de aceite)  > 2 rebandas de queixo moi finas  > Sal  > Pementa  > Aceite


Preparación:

Sobre o pan untado con aceite colocamos o queixo. Sobre este, a leituga. Agora colocamos o polo, e sobre el, a cebola. Cerramos e comemos.



viernes, 2 de marzo de 2012

Bocadillo de bonito en pan con tomate, leituga e olivas


Ingredientes
-Pan ( ó máis integral posible)  -Bonito en aceite -Un tomate maduro cortado polo medio -Abundante leituga cortada en tiras finas e moderadamente temperada con aceite e vinagre. -Aceite de oliva virxe -Olivas verdes ou negras desosadas -Sal gorda



Elaboración

Pomos a escorrer a carne de bonito para que se desprenda o máis posible de aceite. Podemos deixalo pola noite e utilizalo pola mañá.
Fregamos co tomate maduro as superficies do pan aberto. Untamos ambas caras internas do pan con aceite de oliva. Debe quedar ben impregnado. Salgamos levemente con sal gorda. Pomos sobre o pan a leituga temperada. Sobre esta, a carne de bonito escorrida e sobre o peixe



domingo, 19 de febrero de 2012

Entroido 2012: Desfile





Bocadillo de tortilla en pan torrado fregado con allo, tomate e aceite




Ingredientes
Pan ( ó máis integral posible)  -1 ovo en tortilla francesa -1 tomate maduro cortado polo medio -1 dente de allo cortado pola metade -Aceite de oliva virxe  -Sal
Elaboración
Facemos unha tortilla francesa co ovo.
Se non temos tempo pola mañá, a noite anterior facémola e deixámola fora do frigo.
Pola mañá, torramos levemente o pan.
Fregamos o allo contra a superficie torrada do pan. A continuación, fregamos co tomate a mesma superficie. Logo, impregnamos o pan con aceite de oliva virxe. Que quede ben impregnado de tomate e aceite. Pómoslle unhas areíñas de sal. Enriba pomos a tortilla, pechamos e envolvemos.
Pódese mellorarse  facendo a tortilla con leituga, espárragos, cabaciño ou calquera outra hortaliza.



jueves, 16 de febrero de 2012

Entroido 2012: Decoración e Caretas

Entroido 2012: Coplas






ENTROIDO 2012

“OBRADOIRO DE COPLAS”
CEIP ATÍN-CELA
EDLG. Aula de Música

Acheigaivos aquí todos
se queredes escoitare
imos xulgar a este Meco
podedes participare.

Na cariña un sorriso
o seu corpo traxeado
parecendo inocente
cometeu grandes enganos.
Mirlitón
Meco ti tes toda a culpa
desa rede tan baixiña
cada chute ao balón
vai á eira da veciña.

Mequiño, Mequiño, Meco
tiráchenos os balóns
vaillos pedir ó veciño
vai pensar que son melóns.

Mirlitón

Temos o patio desfeito
moitas caídas levamos,
este preocupante feito
non o damos mellorado.

En todo terceiro ciclo
seguimos querendo espellos
non é tanto pedire
veñen ou *pra os nosos netos!
 
Mirlitón

Nas aulas de 5º e 6º
queremos un bo canón
que ocupe toda a parede
Non é moita petición!

Queremos máis diversión,
algo máis de excursións
xa é moito tempo na escola
sen ter ningunha ilusión!

Mirlitón

Pola túa culpa Meco
fóronse as coidadoras,
xa as botamos de menos
estas tamén sonche boas.

En Herville queremos,
un bo autobús novo
este cacharro que temos
estropéasenos todo.
  
Mirlitón

Xa nos fixeron a estrada
unha parada queremos,
coas chuvias e o frío
non sei como acabaremos!

Ao chegar os autobuses
os mestres aí vixiando
que tempos bos aqueles
que os pasabamos xogando.

 Mirlitón

Na aula vella de ciencias
que xa vai ela esquecida
agorá é o momento
de darlle ao experimento.

Sácanos 4º da ESO
posnos máis bacharelato
quitas a cidadanía...
E se incluímos o teatro?

Mirlitón
Que pouca plástica temos!
Máis música queremos!
E así poder bailar a gusto
Ai se eu che pego!
  
Mirlitón

POR TODO CANTO DIXEMOS
E O QUE QUEDA POR DICIRE
IMOS Á QUEIMA CONTIGO
MECO QUE TANTO FERICHES.

POR TODO CANTO DIXEMOS
E O QUE QUEDA POR DICIRE
IMOS Á QUEIMA CONTIGO
MECO QUE TANTO FERICHES
  
Mirlitón