Ola!! O día 11 de Maio os nenos e nenas de Educación Infantil, de 4 e 5 anos, fomos ó teatro a Vigo. Contáronnos a historia de “Bobo”, un pingüín, que coa chegada do seu irmán pequeno á familia, síntese moi só, deixado de lado polos seus país e moi triste; e nós pensamos, ¿Quen non se sentiu así algunha vez? Bobo, decide marchar porque pensa que el xa non é importante, pero….. tardará moi pouco tempo en darse conta do divertido que é ter un irmán pequeno, do moito que o queren seus país e do importante que somos cada un de nós na nosa familia!!!
Pasámolo pipa!! Aquí vos deixamos unhas fotos da actividade!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario