jueves, 28 de junio de 2012

MUIÑADA EN ATÍN


O último día de curso veu ó cole "Xan o Muiñeiro". Tiña un certo parecido a algún dos profes do cole, co cal garda algún parentesco. Contounos algunhas historias súas e do millo, así como a importancia dos muíños na vida da xente hai uns anos.
Puxo a andar o muíño e moeu o millo que traían os nenos e nenas das diferentes aulas. Aí quedan unhas fotos da  "MUIÑADA  DE ATÍN 2012".

viernes, 15 de junio de 2012

Bocadillo de polo con salsa de iogur e tomate asado




-Unhas febras finas de polo pasadas pola sartén  - Unha cullerada sopeira de iogur -Aceite de oliva
–Sal -Un cogombro en vinagre picado ou unhas olivas  picadiñas  -Dúas ou tres rodelas de tomate -Medio dente de allo laminado

Mesturamos o iogur escorrido co cogombro ou olivas picadas, engadimos unhas gotas de aceite e un punto de sal e úntase a metade inferior do pan cons esta salsa.
Pasamos as febras  de polo salpementado pola sartén e na mesma asamos as rodelas de tomate por ambas caras co allo laminado. Sobre o pan coa salsa colocamos as febras e enriba o tomate. Pechamos e damos grazas a quen o cociñou.

miércoles, 6 de junio de 2012

O PIRATA E A FADA. Videoconto dos nenos de 5 anos.



Este videoconto foi elaborado polos nenos de Infantil de 5 anos, dentro das actividades do Taller de Audición e Linguaxe. Eles escolleron as personaxes, as situacións, o argumento, fixeron os debuxos, e, finalmente cada un puxo a súa voz as distintas esceas. Agardamos que vos guste. 

Se queres escoitalo, preme enriba da foto.

viernes, 1 de junio de 2012

Bocadillo de touciño entrefebrado con ovo, queixo e cebola salteada.




2 rebandas delgadiñas de touciño entrefebrado (panceta non afumada)
1 ovo cocido cortado transversalmente
½ cebola ben pasada pola tixola; ben refogadas pero que non colla cor.
2 rebandas finas do queixo que máis che guste: tetilla, holandés, manchego tenro, Edam,

Sobre ou pan colocamos ou queixo e sobre este a touciño entrefebrado ben fritido.
Enriba del vai a cebola ben escorrida de aceite.

Pechamos e comemos.

Saída a Pontevedra (3º, 4º, 5º e 6º)


viernes, 25 de mayo de 2012

Bocadillo de xamón de Iork e atún con maionesa e mostaza

>Pan integral >Maionesa >Mostaza >Xamón York cortado en tiras finas  >Atún en aceite



 Escorremos o atún e mesturámolo con certa cantidade de maionesa ata formar unha pasta homoxénea. Untamos o pan con esta pasta. Pomos enriba tiras de xamón de York. E acabamos dándolle uns toques de mostaza se nos gusta.

martes, 22 de mayo de 2012

Ola!! O día 11 de Maio os nenos e nenas de Educación Infantil, de 4 e 5 anos, fomos ó teatro a Vigo. Contáronnos a historia de “Bobo”, un pingüín, que coa chegada do seu irmán pequeno  á familia, síntese moi só, deixado de lado  polos seus país e moi triste;  e nós pensamos, ¿Quen non se sentiu así algunha vez?  Bobo, decide marchar porque pensa que el xa non é importante,  pero….. tardará moi pouco tempo en darse conta do divertido que é ter un irmán pequeno,  do moito que  o queren  seus país e do importante que somos cada un de nós na nosa familia!!!
Pasámolo pipa!! Aquí vos deixamos unhas fotos da actividade!!


miércoles, 16 de mayo de 2012

Festival Letras Galegas 2012 (Fotos)

Xa temos moreira!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

 


Ola, moreira!!!!


 Froito da moreira; a mora


Os vermes...!!!!

CONTACONTOS DE KALANDRAKA NO COLE DE ATÍN - CELA

Hola blogueir@s!!
Aquí estamos de novo con algunhas divertidas experiencias! O venres día 11 de Maio recibimos unha visita moi especial; Dous artistas agasalláronnos cuns bonitos contos, e non só nos contaron unhas historias, se non que ademais, coa maxia das cores, foron debuxando o que ía acontecendo!! A vida dos Chivos chivóns , as ganas de vir ó mundo de Artur, e as aventuras de Garavanciño!!
 Foi moi divertido.
Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade!!!!! Ata a próxima!


viernes, 11 de mayo de 2012

Bocadillo de queixo cremoso con noces e lámina de marmelo


 > Pan (o máis integral posible) > Queixo (galego) cremoso > Un par de noces partidas > Unha lámina de marmelo > Aceite de oliva

Abrimos o pan ao medio e regámolo cun chorriño de aceite. Agora é o momento de colocar o marmelo o queixo e, por riba, as noces escachadas.
Al ataque! De nada.

viernes, 4 de mayo de 2012

Bocadillo de queixo, olivas e leituga en pan con tomate e aceite



> Pan > Queixo > Leituga ben lavada e seca, picada e temperada
> Unhas olivas recheas > Un tomate de rama maduro) >Aceite de oliva

Abrimos o pan ao medio e fregámolo co tomate. Regámolo cun chorriño de aceite. Unhas das metades do pan cubrímola de leituga temperada. Sobre a leituga pomos o queixo e finalmente colocamos as olivas. Pechamos e, no seu momento, damos cabo del.

jueves, 3 de mayo de 2012

Visita a Coregal (2º, 3º e 4º)

Bocadillo de tortilla de cabaciño en pan con allo, tomate e aceite


Ingredientes:
> Pan (da mellor calidade posible) levemente torrado > Un ou dous ovos -segundo o tamaño do bocadillo- batidos a punto de tortilla > 1/2 cabaciño (calabacín) mediano, sen pelar e desprovisto da parte interior esponxosa, picado en medias rodela finas > Leituga picada e temperada con aceite e vinagre > Un tomate de rama maduro (tomate para salsa) > Un dente de allo partido polo medio >Sal >Aceite de oliva
Preparación:
Cortamos o cabaciño en medias rodelas e salteámolo na tixola ata que quede ben dourado e feitiño. Temos os ovos batidos, engadímoslle o cabaciño e facemos unha tortilla. Reservámola.
Torrámolo pan levemente, fregámolo con dente de allo e co tomate partido e untámolo con aceite de oliva. Sobre o pan pomos a leituga temperada e a tortilla. Pechamos e a papar!

Minergal en Faro de Vigo (6º)



martes, 24 de abril de 2012

Día Internacional do Libro

O luns 23 de Abril, co gallo do Día Internacional do Libro, na biblioteca do cole aconteceu algo extraordinario. Varias personaxes de contos cobraron vida e contáronlle aos nenos diversas historias. Foi precisa unha maxia, un bebedizo e algo máis para que os protagonistas voltasen ao seu mundo.
Un pirata, un lobo e Grisela atopáronse sen saber cómo na biblioteca do cole cun monte de nenos e nenas cos que pasaron un rato divertido, voltando ao seu conto gracias a pócema que apareceu gardada no bolso da ratiña.
Os nen@s de  segundo, atoparon a outro pirata que lles contou o conto da "Camiseta do Capitán", e tamén ao cal axudaron a voltar ao seu mundo.
Os de terceiro ían buscar un libro de préstamo, e alí asistiron a unha sesión de contacontos coa historia do "Rei Lacazán", que foi o Rei ao que lle contaron o conto máis longo do mundo.
Velaí algunhas fotos da sesión cos nen@s de 4 e cinco anos .

sábado, 21 de abril de 2012

Bocadillo de lombo en pan con rodelas de tomate, leituga e pementos morróns







Ingredientes:
>Pan (da mellor calidade posible) >Un ou dous filetes de lombo de porco fresco > 3 rodelas de tomate finas e escorridas de auga > Leituga picada e temperada con aceite e vinagre >Tiras de pemento morrón de lata o asado na casa >Allo fileteado >Sal >Pementa >Aceite de oliva

Preparación:
É moi importante a calidade do pan, o pan excesivamente branco non é sa.  Este pan de boa calidade abrímolo ao medio e tirámoslle un pouco o miolo.
Ao tomate cortámoslle tres rodelas e deixámolas perder auga. Picamos a leituga lavada e ben seca e temperamos lixeiramente con aceite, vinagre e sal. Preparamos o pemento morrón. Reservamos todo.
Salpementamos o lombo. Nunha tixola pomos un pouquiño de aceite a quecer. Fritimos o lombo. A medio estar, botamos na tixola dous dentes de allo fileteado. Este allo fritirase mentres se acaba de facer o lombo. Sobre o pan aberto untamos un pouquiño de aceite do utilizado na fritura. Agora pomos una boa cama de leituga temperada. Sobre esta o tomate e  lombo  e por riba as láminas de allo frito. Agora tócalle ao pemento. Pechamos e a comer