Ola a tod@s:
Na biblioteca do cole estamos en obras. Este ano pensamos darlle un cambio á organización da biblio, tanto a mobles coma a libros. Coma podedes imaxinar agora mesmo aínda estamos co proceso de clasificación, o cal nos vai levar un certo tempo.Coma o noso interese é que a Biblioteca sexa usada, coa colaboración de todos os titores e especialistas do centro, seguimos tentando que o préstamo non pare, e se podemos, que se incremente.
Tamén, contarvos que puxemos en marcha un Punto Lector ubicado ao carón da Secretaria, onde podedes atopar libros e revistas para Pais/Nais que podedes usar para pasar un ratiño. A intención, coma vos contabamos na circular enviada, é que tamén os Pais/nais dos nosos alumnos poidades, se queredes, ter un carnet da Biblioteca do cole para que poidades acceder ao préstamo, tanto de libros de axuda coma libros de narrativa. Contamos coas vosas recomendacións, que dentro das nosas posibilidades económicas e do posible interese xeral nos permita incrementar os fondos aos que poderedes optar.
Para iso, en principio, o día destinado ao préstamo para vós será os Martes de 17:00 a 18:00
No hay comentarios:
Publicar un comentario