miércoles, 28 de marzo de 2012
martes, 27 de marzo de 2012
21 de marzo. Quedamos na Rede
Actividade moi interesante e esto é só o principio!
Presentámonos, falamos do que nos gusta, coñecémonos a través da webcam, e prometemos ter outras xuntanzas na rede e na propia escola.
Outros cursos estanse animando...e seguramente seguiremos tecendo máis redes.
E sabedes que é o mellor? Que todos e todas o facemos en galego!
lunes, 26 de marzo de 2012
Bocadillo de xamón en pan con tomate e aceite de oliva virxe extra
Ingredientes:
>Pan (da mellor calidade posible) >Xamón cortado ben fino >Tomate para salsa ben maduro >Un pouquiño de sal >Aceite de oliva virxen extra
Preparación:
O pan abrímolo ao medio. O tomate debe estar maduro e ser dos de facer salsa e non ensalada. Fregar o interior do pan co el; dende o borde do pan ao interior. Outra maneira é triturar o tomate co Minipimer e untar coa pasta o pan. Agora botámoslle (Se o necesitamos, mirade que o xamón xa ten sal!) unhas areíñas de sal gorda.
A continuación ven o aceite de oliva virxe extra. Porémoslle un chorriño xeneroso en cada metade do pan. Repartirase mellor se fregamos as superficies unha contra a outra para igualar o unte. É o momento de pór o xamón na cantidade que consideremos razoable. Agora péchase e cómese. Bo proveito.
viernes, 16 de marzo de 2012
Bocadillo de mexillóns escabechados en pan con aceite e leituga
Ingredientes:
>Pan (da mellor calidade posible) >Abundante leituga enrolada e finamente picada e levemente temperada >Mexillóns escabechados ou cociñados de calquera outro modo >Sal >Aceite de oliva
Preparación:
>O interior do pan úntase lixeiramente con aceite. >Pícase a leituga (lavada e seca) e tempérase. >Esténdese unha boa capa de leituga sobre o pan. >Mentres, escórrense os mexillóns para que non teñan moito mollo do escabeche. >Xa escorridos, vanse pondo coidadosamente sobre a leituga. >Péchase o bocadillo.
Este bocadillo tamén se pode facer con mexillóns escabechados na casa ou simplemente cocidos.
viernes, 9 de marzo de 2012
Bocadillo de peituga de polo con cebola dourada, queixo e leituga
Ingredientes:
> Pan (da mellor calidade posible) >Abundante leituga enrolada e finamente picada. Levemente temperada.
> 1/2 peituga de polo pasada pola prancha, cortada ás tiras e salpementada > ½ cebola cortada ben fina e pasada pola tixola con pouco de aceite ata que quede ben tenra. (Moi escorrida de aceite) > 2 rebandas de queixo moi finas > Sal > Pementa > Aceite
Preparación:
Sobre o pan untado con aceite colocamos o queixo. Sobre este, a leituga. Agora colocamos o polo, e sobre el, a cebola. Cerramos e comemos.
lunes, 5 de marzo de 2012
viernes, 2 de marzo de 2012
Bocadillo de bonito en pan con tomate, leituga e olivas
Ingredientes
-Pan ( ó máis integral posible) -Bonito en aceite -Un tomate maduro cortado polo medio -Abundante leituga cortada en tiras finas e moderadamente temperada con aceite e vinagre. -Aceite de oliva virxe -Olivas verdes ou negras desosadas -Sal gorda
Elaboración
Pomos a escorrer a carne de bonito para que se desprenda o máis posible de aceite. Podemos deixalo pola noite e utilizalo pola mañá.
jueves, 1 de marzo de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)