Ingredientes:
>Pan (da mellor calidade posible) >Xamón cortado ben fino >Tomate para salsa ben maduro >Un pouquiño de sal >Aceite de oliva virxen extra
Preparación:
O pan abrímolo ao medio. O tomate debe estar maduro e ser dos de facer salsa e non ensalada. Fregar o interior do pan co el; dende o borde do pan ao interior. Outra maneira é triturar o tomate co Minipimer e untar coa pasta o pan. Agora botámoslle (Se o necesitamos, mirade que o xamón xa ten sal!) unhas areíñas de sal gorda.
A continuación ven o aceite de oliva virxe extra. Porémoslle un chorriño xeneroso en cada metade do pan. Repartirase mellor se fregamos as superficies unha contra a outra para igualar o unte. É o momento de pór o xamón na cantidade que consideremos razoable. Agora péchase e cómese. Bo proveito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario